Ir o contido principal

Triacastela acollerá o sábado 28 a entrega de premios do concurso de fotografía ‘O teu Xacobeo con jjiffy’

O Concello de Triacastela acollerá o sabado 28 de marzo a entrega dos premios do concurso de fotografía O teu Xacobeo con jjiffy tras ter participado no certame ‘Triacastela no Camiño, con jjiffy’, un proxecto levado a cabo co apoio de ‘O teu Xacobeo’ impulsado pola Xunta de Galicia e que desenvolve o estudo de deseño e desenvolvemento web, de Santiago de Compostela, Adumbro.

Os promotores do proxecto elixiron o municipio para a entrega dos galardóns por ser o que máis participou no certame achegando numerosas fotografías do Concello de Triacastela, polo que pasa o Camiño Francés e fin de etapa desde o Códice Calixtino.

O proxecto O teu Xacobeo con jjiffy” naceu para enriquecer a experiencia do Camiño de Santiago utilizando unha aplicación ou plataforma social que axuda a compartir as fotografías deses momentos, paisaxes e vivencias do Camiño da forma máis sinxela.

No proxecto participaron un total dende un total de 10 Concellos seleccionados entre os que están no Camiño Francés, no Camiño Inglés e o Camiño Portugués. Ademais de Triacastela, tamén participan Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa, Betanzos, Ordes, Caldas de Reis e Padrón.

Premios

As fotografías seleccionadas polo xurado do concurso teñen premio. Os gañadores, que coñeceremos nos próximos días, levarán unha impresora de peto ou unha impresora fotográfica. O prazo para participar rematou o último día de decembro.

Difundir e poñer en valor o patrimonio

Entre as principais actividades deste proxecto está, en primeiro lugar, a divulgación a través dos albergues de kits para os peregrinos e peregrinas nos que se lles da acceso gratuíto a esta aplicación e se fomenta o uso da mesma coa fin de difundir e poñer en valor o patrimonio e cultura do Camiño a través das súas imaxes.

En segundo lugar, entre outras actividades, en cada un dos concellos seleccionados, promoveuse un concurso para que entre os habitantes locais e entre os peregrinos e peregrinas fosen xuntando todas as fotografías que se estaban a facer no paso por cada concello. A información e acceso a estes concursos foi divulgada a través da páxina web do proxecto xacobeo.jjiffy.in.

Con este proxecto preténdese fomentar a cultura dixital e a innovación a través das novas tecnoloxías, dunha forma simple e accesible, á vez que se promoven as relacións a e convivencia no Camiño.


 

Compartir

Comments (0)