Ir o contido principal

O Concello de Triacastela celebrará o 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona

Triacastela acollerá o sábado 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona, un evento que pon en valor a tradición, a creatividade e a identidade cultural a través da artesanía. 

A Feira está organizada polas Asociacións de Mulleres Rurais de Triacastela e pola Asociación de Artesás do Telar ARTELAR, en estreita colaboración co Concello de Triacastela.

Durante a xornada, veciños e visitantes poderán gozar dun completo programa no que se combinarán obradoiros, degustacións, concertos e outras actividades pensadas para todos os públicos.

Os artesáns e produtores que queiran participar nesta cita poden chamar ao teléfono do Concello de Triacastela para anotarse ou ter máis información (982 54 81 47).

A organización anunciará en datas próximas o nome da persoa que pregoará o evento. Avanzan que actuará Antonio Barros e a Louband.

Compartir

Comments (0)