Ir o contido principal

Triacastela acolle o día 9 de novembro o Itinerario Gastronómico do Camiño Francés

O Concello de Triacastela acollerá o vindeiro día 9 de novembro o Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, as III xornadas de exaltación de produtos gastronómicos dos concellos da mancomunidade, das que forman parte once administracións locais das provincias de Lugo e A Coruña polas que pasa esta Ruta Xacobea.

O Goberno local organiza para ese mesmo día o seu tradicional magosto.

A partir das 20:00 horas no Polideportivo Municipal haberá unha degustación de castaña, panceta, pan, mel e queixo do Cebreiro.

Os Itinerarios Gastronómicos nacen da colaboración entre a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e Turismo de Galicia para promocionar os seus mellores produtos. As xornadas desenvólvense entre o mes de outubro a xaneiro nos concellos de Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

O obxectivo é facelo nos meses nos que hai menos camiñantes para desestacionalizar o turismo e atraer novos visitantes cando existe unha menor afluencia.

Compartir

Comments (0)