Ir o contido principal

Os nenos e nenas de Triacastela poderán pedirlles os seus desexos ao Papá Noel e os Reis Magos por videochamada

O Concello de Triacastela en colaboración coa empresa Especialistas Hípica Celta ofrécelles a todos os nenos e nenas da localidade a posibilidade de pedirlles os seus desexos a Papá Noel e aos Reis Magos de Oriente por videochamada.

Os nenos e nenas interesados en que os chamen teñen que inscribirse a partir do mércores 25 de novembro a través da web www.nadal2020.es ou do teléfono móbil 641 585 245.

Poden elixir que os chame Papá Noel, os Reis ou ambas as chamadas, que se farán de xeito gratuíto mediante o teléfono móbil dos seus pais. Se hai algún neno ou nena que non teña dispositivo para recibir a chamada ou que non teña conexión, enviaráselle un elfo ao seu domicilio para poder falar igualmente con eles.

As inscrición para recibir a chamada de Papá Noel estarán dispoñibles desde o 25 de novembro ao 17 de decembro, mentres que as inscrición para recibir a chamada dos Reis Magos se estenderán desde o 25 de novembro ao 29 de decembro.

Compartir

Comments (0)