O Concello de Triacastela promociona a hostalería e os produtos locais a través de receitas tradicionais
O Concello de Triacastela lanza unha iniciativa a través das súas redes sociais Facebook e Instagram coa que promocionar os negocios de hostalería e restauración, así como os produtos locais a través de receitas tradicionais.
Grazas á colaboración de bares, restaurantes, casas de turismo rural e de todo o sector da hostalería e restauración que se anima a participar, o Concello irá difundindo receitas tradicionais con ingredientes típicos de Triacastela, como pode ser a carne, o embutido, o queixo ou o mel, entre outros.
Búscase, tal e como explica a rexedora, Olga Iglesias, que as persoas que nos vexan saiban o bo produto que temos en Triacastela, que o sigan mercando e que poidan vir a degustalo unha vez poidan retomar a actividade.
A alcaldesa agradece a colaboración de todos os negocios do sector que están a compartir as súas receitas, que desde este luns son difundidas a través das redes sociais do Concello de Triacastela.
Facebook:https://www.facebook.com/Concello-de-Triacastela 100960767994874/
Instagram: concello_de_triacastela
“Imos apostar polo produto galego e polo noso, polo que queremos que as redes sociais sexan un escaparate do mellor que temos en Triacastela; a nosa gastronomía e os mellores locais para poder desfrutala”, precisa.
Entre as propostas que xa foron publicadas, un cocido a base de produtos locais, carne de cachena San Breixo ou croquetas de xamón.
Comments (0)