O Concello de Triacastela ofrece información aos peregrinos na Casa Consistorial
O Concello de Triacastela conta desde primeiros de agosto cunha oficina de información ao peregrino que atende María Elena López desde o baixo da Casa Consistorial.
O servizo prestarase durante o verán e ata que remate o mes de outubro en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas de luns a venres.
Ademais de ofrecer información turística e recomendacións aos camiñantes, na oficina tamén se sela a credencial e poden consultar folletos e material divulgativo sobre o pobo e sobre o Camiño Francés.
Tamén se lle fai unha enquisa de satisfacción aos e ás camiñantes para coñecer a súa opinión sobre a ruta xacobea e sobre os lugares, servizos e establecementos que visitan.
Comments (0)