Ir o contido principal

O Concello de Triacastela ofrece formación gratuíta en compostaxe doméstico aos veciños e veciñas

O Concello de Triacastela celebrou hoxe unha xornada de formación gratuíta en compostaxe doméstico para as persoas que se anotaron para recibir un dos 25 composteiros que vén de adquirir o Goberno local cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente.

A campaña ‘Composta os teus residuos’ está ideada para a participación de 25 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro.

Hoxe recibiron información totalmente gratuíta na Fonte do Lunar para promover a reciclaxe de residuos orgánicos.

En concreto, explicáronlles aos participantes na campaña o que precisan para facer compostaxe, o proceso, que residuos se poden compostar e cales non e os aspectos que condicionan o proceso da compostaxe. Tamén lles ensinaron cando está listo o compost e os seus usos e beneficios.

Esta iniciativa desenvolvese polo Concello de Triacastela en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.

Cartel

 

Compartir

Comments (0)