Ir o contido principal

O Concello de Triacastela destina boa parte do Plan Único a investimentos en obras e subministracións

O Goberno local de Triacastela aprobou por unanimidade no seu pleno ordinario destinar boa parte do Plan Único a investimentos en obras e subministracións. En concreto, dos 201.359 euros que recibe da Deputación de Lugo, 39.177 euros irán destinados á reconstrución dunha ponte de acceso no núcleo da Balsa, 33.800 euros á adecuación da contorna do Centro de Saúde,17.545 euros á redacción do Plan Especial de solo industrial para Triacastela e 9.698 euros para a redacción de contidos para o centro de interpretación de Cova Eirós. En total, 98.537 euros para investimentos en obras e subministracións.

A maiores, o Goberno municipal destina 22.840 euros ao Servizo de Axuda no Fogar e aos gastos derivados da situación extraordinaria que supuxo a covid-19.

Creación de emprego

O Concello de Triacastela reserva ademais unha importante partida para a contratación de persoal, á que destina 72.988 euros, o que permitirá a creación de catro postos de traballos, tres peóns e un administrativo.

A administración electrónica (Programa Gestiona) supón un investimento de 3.849 euros, mentres que o total destinado a actividades culturais e deportivas suma 10.264 euros. Neste capítulo financiarase un libro guía sobre Triacastela, que será presentado este mesmo verán, así como o campamento de voluntariado de verán centrado no Camiño de Santiago.

Compartir

Comments (0)