Ir o contido principal

O Concello de Triacastela abre o prazo de matrícula para anotarse a clases de baile de salón

O Concello de Triacastela ofertará ao longo de 2020 clases de baile de salón, que serán impartidas por Magali, da academia MAGIC DANCE.

As clases terán lugar os sábados de 20:00 a 21:00 horas no polideportivo do colexio Eduardo Vila Cela.

O Concello de Triacastela asumirá a metade dos custos das clases e a outra metade correrá a cargo de cada un dos participantes.

O prezo total será de 20-25 euros aproximadamente, dependendo do número de inscritos. Para facer un grupo é preciso que haxa dez persoas anotadas.

Os interesados e interesadas poden obter máis información ou inscribirse na actividade no número de teléfono do Concello de Triacastela 982 54 81 47.

O Goberno local conta coa colaboración da Deputación de Lugo para levar a cabo estas clases a través do Plan Único.

Compartir

Comments (0)