A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño Francés vai solicitar un PLAN TURÍSTICO para apoiar ao sector turístico, hostaleiro, comercial e primario
A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño Francés, da que forma parte o Concello de Triactastela, vai solicitar un PLAN TURÍSTICO cuxo fin principal será o apoio ao sector turístico, hostaleiro, comercial e primario.
A tal fin convocamos a TODOS os TITULARES E/OU TRABALLADORES destes sectores a unha reunión que celebraremos na Fonte do lunar o día 29 de marzo, martes, ás 16:30 horas.
Están convidados os TITULARES E/OU TRABALLADORES dos municipios de Triacastela, Samos e Pedrafita do Cebreiro.
Dada a importancia dos temas a tratar rogámosvos que asistades todos os que poidades.
Comments (0)