Ir o contido principal

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA MUNICIPAL

Vinte e cinco novas familias participan na presente edición do programa de compostaxe doméstica municipal de Triacastela, desenvolto en colaboración con la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O programa contou con grande acollida entre a veciñanza tal e como desprenden os seguimentos “porta a porta” levados a cabo por técnicos especialistas en la materia; a maioría dos composteiros funcionan correctamente, o que contribúe en boa medida a minorar biorresiduos a depositar nos contedores convencionais, así como á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

Compartir

Comments (0)