Ir o contido principal

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA, A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS E OS CONCELLOS INTEGRANTES DA MANCOMUNIDADE

Actuación 1: Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos. Leváronse a cabo a restauración e adecuación de muros de cachotería no lugar de As Pasantes e unha actuación de mellora na rúa Peregrino de Triacastela. Por ambos puntos transcurre o Camiño Francés.

Actuación 2: Desenvolvemento de actividades culturais e turísticas que contribúan á promoción do Xacobeo  así como a acollida e disfrute dos peregrinos.

  • Triacastela foi escenario dun taller de vimbio vivo na área fluvial de Triacastela, organizado polo Concello e dirixido ao disfrute dos peregrinos.
  • Entre os meses de maio e novembro celébrase o ciclo de paseos guiados “Triacastela Xacobea” con Guido Guía.
  • O 17 de agosto celebrouse a 4ª festa do peregrino.

Compartir

Comments (0)