Casa do Maior de Prado, en Folgueiras
Hoxe visitamos a Casa do Maior de Prado, en Folgueiras, Triacastela. Ao seu cargo está Marta Silvosa, que xa conta cun usuario ao que presta o servizo nunhas instalacións novas con equipamento xeriátrico homologado, sala de estar e comedor con televisión e actividades personalizadas.
A casa Prado responde a un criterio de ergonomía, atención xeriatría e de calidade de vida para os maiores. As súas instalación non teñen barreiras arquitectónicas, polo que son accesibles para calquera persoa.
As persoas usuarias poden contar con transporte gratuíto financiado pola Xunta de Galicia e servizo de manutención (5 € diarios que inclúe almorzo e xantar ou xantar e merenda).
O horario é de 09:00 da mañá a 17:00 horas de luns a venres.
A Casa do Maior ten cinco prazas, unha delas ocupada, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II.
Se alguén está interesado en acudir a esta casa ou precisa máis información pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Triacastela no número 982 54 81 47 ou con Mrta no teléfono 676 15 74 71.
As Casas do Maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.
Comments (0)