Ir o contido principal

BANDO: AFORRO DE AUGA

A escaseza de choivas nos últimos meses provocou que a reserva de auga sexa cada vez menor. Dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pídesenos que tomemos medidas:

  • Aforro no uso da auga en destinos non prioritarios, como por exemplo rega, baldeo de rúas, lavado de vehículos, zonas verdes, prudencia a hora de encher as cisternas para uso animal, piscinas...
  • Reduce o uso de lavalouzas e lavadora: utilízao só cando estean cheos.
  • Emprega ducha no canto de bañeira e reduce o tempo.
  • Revisa posibles fugas na instalación.
  • Coloca atomizadores ou redutores nas billas.
  • Pecha a chave mentres te lavas os dentes e usa un vaso para enxaugar.
  • Para limpar emprega cubos de auga no canto de mangueiras.
  • Auga que non uses, non a deixes correr.

Pídese a colaboración da poboación para o logro dun aforro no consumo de auga que redundará no beneficio de todos.

Compartir

Comments (0)