CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA, A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS E OS CONCELLOS INTEGRANTES DA MANCOMUNIDADE PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA PAISAXÍSTICA E DE PROMOCIÓN DO XACOBEO NO CAMIÑO FRANCÉS.
Actuación 1: Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos. Leváronse a cabo na Praza de Vista Alegre e no seu entorno, un lugar moi concorrido polos peregrinos ao seu paso por Triacastela.
Actuación 2: Desenvolvemento de actividades culturais e turísticas que contribúan á promoción do Xacobeo 2022 así como a acollida e disfrute dos peregrinos.
-
Triacastela foi escenario dun foro sobre o Camiño Francés, organizado polo grupo El Progreso e o Concello.
-
Entre os meses de agosto e novembro celébrase o primeiro ciclo de paseos guiados “Triacastela Xacobea “con Guido Guía.
Comments (0)