Ir o contido principal

A exposición itinerante "Aquela nena de Sarria” chega ao Concello de Triacastela

O Concello de Triacastela acolleu a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

Compartir

Comments (0)

2ª FESTA DO PEREGRINO EN TRIACASTELA

O Concello de Triacastela retoma o día 18, tras un ano de parón por causa do coronavirus, a Festa do Peregrino, evento que nesta segunda edición celebrarase con todas as medidas de prevención do covid e cun pregón a cargo do xornalista e escritor Luís Celeiro, natural de Samos.

Compartir

Comments (0)