Ir o contido principal

A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño Francés vai solicitar un PLAN TURÍSTICO para apoiar ao sector turístico, hostaleiro, comercial e primario

A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño Francés, da que forma parte o Concello de Triactastela, vai solicitar un PLAN TURÍSTICO cuxo fin principal será o apoio ao sector turístico, hostaleiro, comercial e primario.

A tal fin convocamos a TODOS os TITULARES E/OU TRABALLADORES destes sectores a unha reunión que celebraremos na Fonte do lunar o día 29 de marzo, martes, ás 16:30 horas.

Compartir

Comments (0)

Visita da secretaria de Turismo de Yucatán, Michelle Fridman

Onte visitounos a secretaria de Turismo de Yucatán, Michelle Fridman, con quen percorremos un tramo do Camiño Francés no que coñeceu parte dos nosos lugares máis emblemáticos, como a árbore de Ramil ou o monumento ao peregrino. A dirixente tamén estivo na Casa Consistorial de #Triacastela onde recibiu un agasallo institucional da man da alcaldesa, Olga Iglesias.

Compartir

Comments (0)

A XUNTA INVISTE CASE 35.000 € NA HUMANIZACIÓN DA CONTORNA DA ANTIGA FERRERÍA EN TRIACASTELA

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o concello de Triacastela para comprobar o resultado da humanización executada na contorna da antiga ferrería, que serve de entrada ao pobo e tamén de saída do Camiño Francés por San Xil, grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello.

Compartir

Comments (0)

Casa do Maior ‘Xeroser’

Hoxe achegámonos ata a Casa do Maior ‘Xeroser’, situada no mesmo municipio de Triacastela no baixo do Restaurante Vilasante e xestionada por Erica.

Compartir

Comments (0)