Ir o contido principal
Teléfonos de Interese
Teléfonos de Interese O Municipio

O Concello de Triacastela e a Asociación Dante Alighieri asinan un protocolo de colaboración para enriquecer o diálogo cultural entre Italia e o Camiño de Santiago Francés

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e a presidenta da Asociación Dante Alighieri (comité de Vigo), Daniela Sarraino, asinaron hoxe na Casa Consistorial un protocolo de colaboración para enriquecer o diálogo cultural entre Italia e o Camiño de Santiago Francés.

Tal e como recolle o protocolo, “fomentar o intercambio cultural entre Italia e o Camiño Francés ofrece unha oportunidade única para fusionar a rica herdanza cultural, histórica e artística de ambos os países”.

Compartir

Comments (0)

O Concello de Triacastela e Asociación Dante Alighieri asinan este sábado un protocolo de colaboración

O Concello de Triacastela e Asociación Dante Alighieri asinan este sábado un protocolo de colaboración ás 12:00 horas na Casa Consistorial.

De seguido, haberá unha conferencia a cargo de Benedict Buono, profesor de filoloxía italiana da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título 'Con pan e viño faise o Camiño: A enogastronomía do peregrino italiano a Santiago (do Cinquecento ao Setecento)'.

 

Compartir

Comments (0)

A XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela reúne a preto de 60 artesáns

Triacastela acolleu a celebración da XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona na que participaron preto de 60 artesáns chegados desde moitos puntos da localidade e tamén das zonas próximas.

O encargado de pronunciar o pregón foi o enxeñeiro de Montes Santiago Soria, quen lle puxo data ao castiñeiro centenario de Ramil, onde mercou unha casa tras facer o Camiño e namorarse de Triacastela.

Compartir

Comments (0)

XII FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA en TRIACASTELA, o sábado 28 de setembro

11 horas: Apertura dos postos da Feira.

11 a 12 horas: Actuación de CONTAMAXIAS na FURGOTECA (contos e maxia), na carpa diante do concello.

12 horas: Inauguración da exposición MUSEO ESCOLAR DO PATRIMONIO DE TRIACASTELA “o teu pasado, o meu presente” realizado polo alumnado do colexio de Triacastela. Lugar: Fonte do lunar

13 horas: PREGÓN a cargo de SANTIAGO SORIA CARRERAS, Enxeñeiro de Montes, autor del libro “Apuntes botánicos del Camino de Santiago”, peregrino, madrileño de nacimento e veciño de Ramil (Triacastela).

Compartir

Comments (0)

O Concello de Triacastela ofrece información aos peregrinos na Casa Consistorial

O Concello de Triacastela conta desde primeiros de agosto cunha oficina de información ao peregrino que atende María Elena López desde o baixo da Casa Consistorial.

O servizo prestarase durante o verán e ata que remate o mes de outubro en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas de luns a venres.

Compartir

Comments (0)