Ir o contido principal

A Xunta asfalta desde hoxe a área de descanso que se está habilitando no Concello de Triacastela, na LU-633

A Xunta iniciou este luns os traballos de asfaltado na área de descanso que se está habilitando no Concello de Triacastela, xunto á estrada de Pedrafita do Cebreiro a Palas de Rei (LU-633), no resto dunha curva do antigo trazado da vía.

As obras, que contan cun orzamento de preto de 45.000 euros, execútanse no quilómetro 28 da vía pola empresa Ovisa Pavimentos y Obras.

O obxectivo é crear unha zona verde e un aparcamento coa fin de que poidan facer noite as autocaravanas.

Os labores consisten na reposición do firme da calzada, saneándoo e estendendo unha capa de mestura bituminosa en quente. Tamén se nivelou o espazo comprendido entre o antigo trazado e a LU-633 para a súa humanización con zonas verdes e colocación de mobiliario urbano.

O Concello de Triacastela agradece esta actuación, demandada a finais do ano pasado polo Goberno municipal nunha das visitas á localidade da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xa que permite humanizar o acceso á localidade de Triacastela pola LU-633 e o Camiño Francés ao discorrer a ruta por este punto.


 

Compartir

Comments (0)