Ir o contido principal

Visita da secretaria de Turismo de Yucatán, Michelle Fridman

🥾 Onte visitounos a secretaria de Turismo de Yucatán, Michelle Fridman, con quen percorremos un tramo do Camiño Francés no que coñeceu parte dos nosos lugares máis emblemáticos, como a árbore de Ramil ou o monumento ao peregrino. A dirixente tamén estivo na Casa Consistorial de #Triacastela onde recibiu un agasallo institucional da man da alcaldesa, Olga Iglesias.
 
👥 Os membros da comitiva mexicana estiveron acompañados da alcaldesa, o director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa; e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca de Sarria, Jorge López.
 
🫂 Agardamos que a delegación mexicana leve o mellor dos recordos do noso Concello de cara a establecer futuras vías de colaboración en relación á peregrinaxe a Santiago.

Compartir

Comments (0)