Ir o contido principal

O Concello de Triacastela abre o prazo para a ludoteca de verán e as clases de natación

O Concello de Triacastela abre o prazo para anotarse na ludoteca de verán, os meses de xullo e agosto en horario de 09:30 a 14:00 horas.

Ofértanse 20 prazas a un prezo de 25 euros por neno/a.

Tamén abre o prazo de matrícula nos curso de natación que terán lugar na piscina de Sarria os meses de xullo e agosto. O número de prazas é de 20 e os prezos, segundo se elixa quincena ou mes completo.

Terán prioridade os nenos e nenas empadroados en Triacastela, seguidos dos nenos e nenas escolarizados no colexio da vila.

20240613 Ludoteca

 

Compartir

Comments (0)