Ir o contido principal

O 3º Campamento Galego de Veteranos de Espeleoloxía reúne esta fin de semana en Triacastela a 25 deportistas

O 3º Campamento Galego de Veteranos de Espeleoloxía reúne esta fin de semana en Triacastela a 25 deportistas, o sábado e o domingo. O campamento está organizado pola Federación Galega de Espeleoloxía, a Sociedade de Montaña Ártabros e a Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Triacastela, a Deputación de Lugo e a Confederación de Espeleología y Cañones.

Nesta zona da montaña de Lugo localízanse pequenos afloramentos de rochas calcáreas nas que se desenvolven varias cavidades naturais –algunhas con importantes correntes de auga- que mostran grande interese para os espeleólogos galegos.

Para participar neste campamento deberase ser maior de 40 anos, ter estado federado polo menos durante 6 anos e ter a licenza do ano en curso expedida.

Cavidades que se poden recoñecer:

Nas parroquias de Alfoz, Cancelo, Lamas, Monte, Triacastela e Vilavella, nas que destacan: Cova do Bao, Cova da Galleira I e Sistema dos Arroxais.

Programa de actividades

Sábado, 14 de decembro:

10 a 11:30 horas: Recepción dos participantes e recollida de documentación no Concello de Triacastela.

12 horas: Inauguración Oficial na Sala da Cultura municipal:

• Pase do audiovisual e charla-coloquio Cova Eirós do GES Ártabros, presentado por Arturo De Lombera Hermida (arqueólogo).

• Reunión informativa sobre o Catálogo de Cavidades da FGE e planificación de actividades, que coordina: Marcos Vaqueiro Rodríguez (vogal da FGE).

• Visita ás Exposicións fotográficas: Triacastela, ‘Unha ollada ao pasado’.

15 a 20 horas: Saídas programadas por equipos ás cavidades da zona.

Como alternativa cultural poderanse ver proxeccións espeleolóxicas e facer rutas paisaxísticas.

22:00 horas. Cea de participantes e na sobremesa ‘VII Gala da Espeleoloxía Galega’, con entrega de galardóns aos Clubes e Deportistas nomeados pola FGE, que cumpriron recentemente 25 anos federados.

Domingo día 15

10 a 14 horas. Saídas programadas por equipos para prácticas espeleolóxicas. Como alternativa poderase facer rutas paisaxísticas.

17:00 horas. Clausura Oficial do 3º Campamento Galego de Veteranos da FGE.

Todos os acompañantes maiores de idade poden participar nas actividades culturais programadas sen que sexa necesario que estean federados.

Compartir

Comments (0)