Ir o contido principal

Casa do Maior ‘Xeroser’

🏡👵🧓 Hoxe achegámonos ata a Casa do Maior ‘Xeroser’, situada no mesmo municipio de Triacastela no baixo do Restaurante Vilasante e xestionada por Erica.
 
📆 A vivenda para persoas maiores de 60 anos está dada de alta desde o 1 un decembro e desde principios de xaneiro conta xa cun usuario.
 
⏰ O horario de atención é de 10:00 a 18:00 horas, coa posibilidade de contratar o xantar.
 
5️⃣ A Casa do Maior ten cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II.
 
☎ Os veciños e veciñas que queiran información ou ver as instalacións poden achegarse á casa polas mañás. Tamén poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Triacastela no número 982 54 81 47 ou con Erica no teléfono 672 27 90 90.
 
🏘 As Casas do Maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

Compartir

Comments (0)