Ir o contido principal

Casa do Maior ‘Escola de Vilar’, na parroquia de Vilabella

Hoxe achegámonos ata a Casa do Maior ‘Escola de Vilar’, na parroquia de Vilabella, que comparte espazo co centro social, aínda que con instalacións independentes. Esta vivenda para persoas maiores de 60 anos está rexentada por Mari Carmen Doval Núñez e conta xa cunha usuaria.

As persoas que decidan acudir a esta Casa do Maior poderán desfrutar de ximnasio, cociña, sala de descanso, dous baños adaptados e unha oficina.

O horario é de 09:00 da mañá a 17:00 horas, coa posibilidade de contratar o xantar.

A Casa do Maior ten cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos, válidas ou coa dependencia recoñecida en grao I ou II.

Se alguén está interesado en acudir a esta casa ou precisa máis información pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Triacastela no número 982 54 81 47 ou con Mari Carmen no número 689 23 42 14.
As Casas do Maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

Compartir

Comments (0)