Territorio


Ríos

O Municipio consta dunha variada hidrografía fluvial, que drena a súa extensión territorial e na que destacan, principalmente, os cauces do río Santalla e Oribio.

O río Santalla discorre en dirección Oeste Leste pola parte central do Termo Municipal, encaixado nun val encrestado de modo característico na orografía montañosa abrupta que o circunda, e que na súa confluencia augas abaixo co Rego Valdescuro, dá paso ao curso do río Oribio; curso fluvial este último, que circunvala pola cara norte á vila de Triacatela.

A restante rede fluvial está conformada por ríos de menor entidade; Longo, Teixido e Ribeira. Alimentada por numerosos regueiros procedentes de relevos próximos ; Bezcas, Tras dá Pena, Vilavella, Ribeira e Valdescuro.

Así mesmo, no Municipio abundan fontes e mananciais menores que regan terras de labor e que proporcionan auga potable a diversas paraxes deste.

Por outro lado, no referente á existencia de áreas en risco de inundación, non se considera a formación de zonas de inundación potencial no Territorio Municipal.

Montes

A relación da situación e extensión dos montes veciñais en réxime de mancomunidade distribuídos polo Territorio Municipal, detállase na táboa adxunta:

Monte Veciñal Mancomunado
Nome do Monte
Superficie (hectareas)
Localización (parroquia)

· Balsa

65,8

Balsa

· Biduedo

84,1

Lamas,Tricastela, Vilavella

· Cancelo

88,1

Cancelo, Vilavella, Toldaos

· Encrucilladas

1,7

Monte

· Furco

37,1

Toldaos

· Lamas

19,0

Lamas

· Meizarán

3,8

Lamas

· Monte

88,4

Monte, Balsa

· Pasantes

355,7

Triacastela

· Queixadoiro

323,1

Triacastela

· Ramil e Triacastela

10,7

Triacastela

· San Breixo

31,3

Balsa

· San Pedro do Elmo

152,7

Balsa

· Toldaos

33,9

Toldaos

· Triacastela

78,8

Triacastela

· Vilar

36,1

Triacastela, Vilavella.

· Vilavella

94,2

Vilavella

O monte veciñal en réxime de mancomunidade representa practicamente un 30% da superficie forestal do Municipio, debido en gran parte, ao carácter xeralmente abrupto deste último. As maiores extensións concéntranse nas áreas montañosas circundantes do Norte e Sur Municipal, nas que prevalece o uso de matogueira e monte baixo, cabe sinalar, tamén as importantes bolsas localizadas cara ao interior do Municipio, sendo o caso das existentes nas parroquias de Vilavella, Lamas e Cancelo.

En contraposición co anterior, a ausencia de montes veciñais é manifesta naquelas zonas de topografía máis moderada, vales fluviais e pequenas veigas agrícolas, onde é máis patente a acción antrópica con fins agropecuarios [pradería e terreos de cultivo].