Saúdo da Alcaldesa


Hoxe en día acostumase a dicir que o que non esta na rede non existe, e case podemos dicir que así é, porque calquera información que queiramos recibir, cun só clic e as famosas www, podemos obtela en segundos. Triacastela por suposto que existe dende moito antes que os ordenadores persoais e a Internet (velaí a súa historia), pero para que o mundo enteiro poida coñecernos, “colgamos” na Internet a nosa páxina coa intención dun maior coñecemento do noso fermoso Concello para todo o mundo, tamén para que moitísimos triacastelenses que por circunstancias están lonxe das súas raíces cando a saudade se apodere de eles poidan facer unha viaxe virtual polo seu pobo e, como non, para que calquera poida contactar co Concello de Triacastela e nos faga chegar suxestións ou opinións que melloren o propio funcionamento do Concello.

Sabemos que ó comezo desta andaina haberá cousas que teremos que ir modificando, pero esperamos en moi pouco tempo que esta páxina sexa unha ferramenta útil para todo o que a ela se asome e, como non, que sirva para un maior é mellor coñecemento de Triacastela.

Olga Iglesias, Alcaldesa de Triacastela