O Concello de Triacastela adquiriu un lote de mascarillas que entregará a todos os veciños e veciñas
O Concello de Triacastela vén de adquirir un lote de mascarillas de protección para repartir de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas como unha medida máis para seguir contendo a expansión do coronavirus.
O reparto levarase a cabo unha vez cheguen as mascarillas, ao longo da semana próxima. O Goberno local encargarase de organizar a súa distribución de maneira que cada veciño e veciña recibirá unha mascarilla no seu domicilio.
Deste xeito, as persoas que se vexan obrigadas a saír das súas casas terán un elemento de protección para poder usar.
O reparto farase de maneira segura e cos medios adecuados para protexer ao persoal que proceda á entrega.
Desde o Concello de Triacastela agradecen o comportamento que os veciños e veciñas están a ter desde o comezo do confinamento e recórdanlles a importancia de seguir as indicacións das autoridades sanitarias e de permanecer nas súas casas.
Tamén precisan que as mascarillas son un complemento máis, que debe sumarse a outras medidas indispensables como manter a distancia e ser especialmente coidadosos coa hixiene e lavar as mans con frecuencia.
Comments (0)