Ir o contido principal

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SUBVENCIONA O SERVIZO GESTIONA NO CONCELLO DE TRIACASTELA

O concello de Triacastela implantou o servizo GESTIONA para facilitar a xestión por medios electrónicos dos procesos administrativos e a adaptación da entidade á normativa sobre Administración Electrónica.

 Para o seu financiamento, en data 14 de outubro de 2016,  asinouse o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputacion de Lugo e o Concello de Triacastela, para a adecuación dos sistemas de información aos requerimentos da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público en Concellos da provincia de Lugo de menos de 20.000 habitantes, polo que a Excma. Deputanción Provincial encargouse de colaborar cunha achega de 2.947,76€ ao concello de Triacastela, con cargo á aplicación orzamentaria 9430.762 do orzamento vixente da entidade, para a anualidade 2016.

 

Compartir

Comments (0)