Áreas de Protección da Natureza
Áreas de Protección da Natureza
O terzo sur do Municipio, nunha proporción de aproximadamente o 34% da súa superficie territorial, atópase integrado, en base do establecido olas Normas Complementarias e Subsidiarias de Plan da Provincia (NCSP), no espazo natural ANCARES-COUREL, un dos espazos protexidos máis destacados da Provincia polo seu valor ambiental e declarado, ademais, como LUGAR DE INTERESE CULTURAL (LIC) na Rede Natura 2000 e como ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE VALORES NATURAIS ANCARES-COUREL, en virtude da lexislación autonómica vixente en materia ambiental [Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza,].
Dentro do Territorio Municipal a afección do citado espaz natural esténdese polas parroquias Lamas, Vilavella, Triacastela e Balsa; de modo, na súa cara norte delimita basicamente co trazado das estradas autonómicas LU-633 e LU-637.
Cabe sinalar así mesmo neste sentido, a existencia de importantes e numerosos enclaves de valor natural ao Noroeste do Municipio, máis concretamente na parroquia de Balsa, enriquecidos pola dicotomía caracterizada pola orografía abrupta de paraxes de bela factura cos vales sucados por encaixados cursos fluviais -Rego Valdescuro e Regato de Ribeira-e conformando, ademais, unha a continuidade Norte do descrito anteriormente espazo natural Anceres-Caurel.