Áreas de Interese Paisaxístico
Áreas de Interese Paisaxístico
Existen no Territorio Municipal zonas que polas súas características orográficas e vexetais ofrecen posibilidades de desfrute paisaxístico e que se sitúan, fundamentalmente, nas parroquias que presentan desniveis de maior importancia.
No terzo sur do municipio, as ladeiras orientadas ao norte, así como os cumios que sobresaen tras aquelas das montañas afastadas máis ao sur, son vistas dende os núcleos de poboación e dende o percorrido do Camiño de Santiago e conforman un espazo de alto interese paisaxístico qu e está integrado na Zona de Especial Protección dos Valores Naturais:
Ancares-Courel
No extremo occidental, entre os dous ramais nos que se bifurca o Camiño de Santiago atópase un terreo en aba que mostra un compendio de arboredo e raso, representativo dos estados de vexetación a distintas altitudes, propias das abas desta zona, o que lle outorga un interese especial dende o punto de vista da paisaxe. Por outro lado, cabe resaltar tamén, a existencia de masas arboladas de frondosas autóctonas con alto alor paisaxístico que se poden bservar en diferentes puntos do Municipio dende os núcleos e población a rede de vías que os comunican.