Actividades de Ocio


Ó longo dos tempos, a ilusión de moitas persoas era poder voar, divisar dende as alturas as maravillas que a nai Natureza nos ofrece. Hoxe en día esta ilusión está ó alcance da man, gracias a diversas modalidades de vó, das cales unha das de maior arraigo é o parapente; deporte que en Triacastela despertou gran cantidade de inquedanzas, debido ás magníficas condicións que se dan neste concello para a súa práctica.

É cada vez mayor o número de afeccionados que se achegan ata aquí a voar, celebrándose probas para campionatos importantes, atraendo a deportistas de diversas latitudes para competir. Para esto acondicionáronse zonas de despegue e aterraxe para a súa práctica. Xa se levaron a cabo no concello varios cursos de iniciación e perfeccionamento.

Debido ó auxe do Turismo Rural, Triacastela oferta un amplio número de casas e diversas actividades de ocio para os visitantes, éstes poden participar en cursos de pintura e grabados impartidos no Estudio de pintura de Gabriel Martinez-Almeida, tamén en cursos de telar realizados por Artelar ou ben ver como os artesáns realizan a sua labor.